martes, 16 de octubre de 2012

Novos plans para charca



Ola a todos e todas:  Neste curso seguimos coa charca e as súas actividades.
Temos pensado novas cousas, axardiñar algunhas zonas da contorna escolar con plantas aromáticas e ornamentais e tamén levar a cabo a reciclaxe e o aforro enerxético dentro do colexio.

Neste momento, o alumnado de cuarto está a facer un caderno de campo con todo o relacionado coa vida da charca, animais e plantas. Pero facendo unha boa labor de alta investigación.
A charca tamén é un mundo de fantasía, esa que nos fai soñar e medrar, e por iso todas as iniciativas, aportacións e creacións de todo tipo estarán ben admitidas.





lunes, 16 de abril de 2012

Xa temos os primeiros inquilinos na nosa charca

 Pequenos vermes pululan felices polas augas da charca e nos deixan lindas formas dos seus traxectos no fondo da charca.

 Os obreiros do Concello están a colocar unha vaia ben chula para evitar problemas cos máis pequenos.
 Pronto viran os peixes, as ras, as tartarugas...........



Charca escolar(Un pouco da súa historia)

Coa aportación de Voz Natura
                              Concello
                              Uns pais de alumno
                            e toda a Comunidade Educativa

Un grupo de mestres idean facer nun recuncho do colexio un espacio educativo permanente: Unha Charca.
Os  obreiros do Concello fixeron un burato, e puxeron un punto de auga e de electricidade, o burato de forma aovada e cunhas zonas máis profundas que outras.
Choveu e a charca "encharcouse"
Con todo algunha auga se ía evaporando e a maioria se filtraba pola terra.
Decidimos poñer unha lona de plástico impermeable para que a auga non se filtrase.
A colaboración dun pai dun alumno foi importantísima: nos suministrou materiais e obreiros.
Os obreiros colocaron a lona, as pedras e organizaron un contorno precios ao redor da auga.
Como queremos que haxa peixes compramos unha bomba con filtro para reciclar os residuos das follas que caen na auga e os excrementos dos peixes.
Mentres non se colocou a bomba , fomos plantando algunhas plantas acúaticas e outras de zonas húmidas.
Os/as alumnos/as aportaron as plantas e algunha terra. (fieitos, espadanas, salgueiros....)
Fixemos un pequeno viveiro a caron da charca coas plantas que truxeron os/as nenos/as. despois unhas se plantaban ao redor da charca e outras nun corredor que hai próximo a charca.
Neste proxecto estamos colaborando toda a comunidade educativa, tanto o persoal docente como o  non docente.
Queremos crear un pequeno ecosistema de auga doce con peixes, ras, algunha tartaruga e insectos e escarabellos axeitados a zonas húmidas. Para iso a auga e as plantas son vitais.




viernes, 13 de enero de 2012

Benvidas/os á charca Wangari Maathai.

      Benvidos/as á nosa charca escolar Wangari Maathai

Acordamos que levara o nome da activista e defensora do medio ambiente Wangari Maathai, que morreu en setembro deste ano.

Wangari Maathai naceu en Kenia, no ano 1940. Licenciouse en Bioloxía. Recibiu o premio Nóbel da Paz en 2004. En 1977 creou o movemento Cinto Verde: as mulleres empezaron a plantar sementes e atender viveiros de plantas e árbores. Ela dixo: “ Se non tedes leña, plantade árbores”. Grazas ao seu pulo plantáronse 47 millóns de árbores!  
Morreu en setembro do 2011 aos 71 anos.